Archivo para Diciembre 11th, 2009

Balnearios de Galicia defende as redes sociais como “potente arma de márketing”

Viernes, 11 Diciembre, 2009

A Asociación participou nunha xornada sobre turismo de saúde e benestar na cidade lusa de Porto
Benigno Amor interveu ante un cento de profesionais do sector e autoridades de Galicia e o Norte de Portugal, coa asistencia dun cento de persoas entre autoridades dos dous lados da raia e profesionais.

Santiago de Compostela, 14 de xullo 2009 (Vía Láctea Comunicación).
A Asociación Balnearios de Galicia participou recentemente nunha xornada sobre turismo de saúde e benestar, que organizou na capital do Douro o organismo Turismo do Porto e Norte de Portugal, coa asistencia dun cento de persoas, entre autoridades dos dous lados da raia e profesionais do sector.

Benigno Amor na xornada de Porto
Nun panel de expertos onde se explicaron distintas experiencias locais, nacionais e internacionais, Benigno Amor –xerente da Asociación Balnearios de Galicia– subliñou a importancia da Internet e avogou polas redes sociais como novo elemento de márketing e promoción. Tras indicar que o termalismo é un subsector de tradición milenaria e raíces romanas, Amor presentou www.balnegal.com, a central de reservas da Asociación de activación recente na web, que “nos permitirá competir coas grandes cadeas turísticas, posicionarnos como referente da distribución electrónica, automatizar o proceso de transmisión á cadea de valor das condicións fixadas por cada balneario reducindo custes e ofrecer información fiable, pertinente e precisa como factor clave de éxito”, segundo explicou.

Amor tamén fixo unha defensa rotunda das redes sociais como “potente arma de márketing e promoción, que debemos explorar e explotar. En tempos de crise económica, cómpre chegar ao maior número de usuarios coa maior rapidez posible. De aí que a blogosfera e as redes sociais sexan o camiño”. Tamén lembrou que os establecementos galegos fixeron “importantes investimentos en innovación e mellora das instalacións” durante os anos oitenta e noventa, e que agora se incentiva a excelencia e innovación nos servizos; idea na que coincidiron a maioría dos expertos asistentes.

Pola súa parte, a Secretaria Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Carmen Pardo, defendeu na súa intervención “alianzas estratéxicas entre Galicia e o Norte de Portugal, así como a atracción de investimentos públicos e privados”. Á xornada, que resultou frutífera segundo voces autorizadas de Portugal e Galicia, tamén acudiu en representación de Balnearios de Galicia o director xeral de Caldaria, Javier Soto.

Encuentro de innovación: Os Xoves, un espazo para compartir coñecementos innovadores

Viernes, 11 Diciembre, 2009

AJE Vigo celebró el jueves 28 de mayo, a las 09:00h de la mañana, el Encuentro de Innovación “Os xoves: un espazo para compartir coñecementos innovadores” que tuvo lugar en las instalaciones del Club Financiero de Vigo (C/ García Barbón 62).

Esta sesión se enmarca dentro del programa “Proxectos tutelados de intercambio de experiencia para a innovación”, cofinanciado por el Igape y el Fondo Social Europeo, con el objetivo de presentar los servicios mas innovadores o desconocidos para la PYME, ofrecidos por empresas del sector TIC, con el ánimo de que se puedan establecer alianzas estratégicas y presentar proyectos de mayor alcance.

En este encuentro, la empresa asociada dhuman consultores acompañada por el Gerente de la Asociación Gallega de la Propiedad Balnearia, presentó un ejemplo de proyecto colaborativo en materia de innovación: BALNEGAL, plataforma de gestión turística.

El proyecto consistió en aportar a los balnearios de Galicia los medios técnicos para gestionar, promocionar y vender sus productos y servicios turísticos en los nuevos mercados de distribución. El proyecto se basó en el desarrollo de Balnegal, que es la plataforma de comercialización conjunta de los balnearios gallegos. En este proyecto participó la Asociación Gallega de la Propiedad Balnearia, como promotor del mismo, 14 balnearios, dhuman consultores y Asired telecomunicaciones.

El proyecto ha sido cofinanciado por el Ministerio de Industria, Turismo y Comercio, dentro del Plan Nacional de Investigación Científica, Desarrollo e Innovación Tecnológica 2008-2011, cofinanciado también por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER), así como por la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia y la Asociación Gallega de la Propiedad Balnearia

As mellores augas do país da auga

Viernes, 11 Diciembre, 2009

A asociación Balnearios de Galicia vén de poñer en marcha unha central de reservas na rede para dar servizo a unha demanda crecente que non se resente coa crise.

Usuarios no balnearioDa imaxe romántica dos balnearios como centros de curación nos que a alta sociedade decimonónica tomaba as augas só quedan fotos de arquivo. Nelas poden verse agüistas de toda a península atraídos polas propiedades das augas dos balnearios galegos alternando coa intelectualidade e a burguesía da época. Esas fotografías tamén mostran edificios antigos situados en lugares mal comunicados, con poucos servizos complementarios que, en xeral, non foron quen de superar o paso do tempo.

Na actualidade o turismo termal mudou radicalmente, en especial dende a entrada do novo milenio. Modernizáronse as instalacións, adaptáronse as antigas infraestruturas ás novas demandas da sociedade e cada vez é maior o número de centros que se valen das innovacións e dos avances técnicos que están a revolucionar o termalismo internacional para mellorar as prestacións. Adoptaron a fórmula máis estendida en Europa: combinar o turismo de saúde cunha oferta complementaria de ocio e empregan as novas tecnoloxías como ferramenta de traballo.

Neste sentido, a asociación de Balnearios de Galicia, creada en 1985 para representar e promocionar o sector e que agrupa a práctica totalidade de centros termais galegos catalogados como balnearios, vén de botar a andar unha central de reservas, aloxada na web de recente creación www.balnegal.com, dende a que se poden xestionar estancias nos 20 estabelecementos balnearios que forman parte da entidade, dende o Arnoia Caldaria Hotel Balnerio ou o de Augas Santas en Pantón, até o de Caldelas de Tui, cun programa específico de tratamento pediátrico, ou a Hesperia Balneario de Guitiriz.

“Aproveitamos as novas tecnoloxías para ubicarnos na vangarda do sector” comenta Benigno Amor, xerente da asociación. Ao seu ver, con esta ferramenta e o emprego das redes sociais tecidas na internet, “os balnearios poden ofertar un produto moi específico a un mundo globalizado”, un servizo que xa ocupa o primeiro posto a nivel estatal e que apunta ser competitivo en Europa.

O navegante pode escoller entre as augas cloruradas, indicadas para afeccións respiratorias e dermatolóxicas, como é o caso das do Balneario de Baños de Brea, as bicarbonatadas do Balneario de Lugo ou do de Molgas (aparato dixestivo), as ferruxinosas de Mondariz, para anemias e problemas de pel ou as radiactivas do Balneario Dávila, prescritas para certas afeccións psiquiátricas.

A iniciativa supón un paso máis no camiño de modernización e posta ao días das instalacións balnearias e no proceso de “reinvención” que tivo que afrontar o sector despois da década de 1980, momento crítico para o turismo termal, cando o seu nivel de popularidade rexistrou as cotas máis baixas. Como explica Benigno Amor, o xerente da asociación, “estase a recuperar unha cultura termal que vén de lonxe e estase a chegar un público novo que quere coñecer outras ofertas de lecer e que lle adica moito máis tempo ao ocio”.

Líder da península

Con máis de trescentas captacións de auga catalogadas, das que vinte son empregadas como balnearios, Galiza tense colocado nos últimos anos á cabeza do turismo termal da Península Ibérica. Conta con case o 20% dos estabelecementos ofertados en todo o Estado e co 18,4% das prazas hoteleiras. Os responsábeis da asociación aseguran que, na actualidade, o sector termal en Galiza está a vivir unha etapa de “renacemento e popularización”, da man dos cambios de hábitos de lecer e do “crecente culto ao corpo e a maior preocupación pola saúde”.

Turespaña asegura nun dos seus informes que Galiza é a comunidade máis preparada para conquistar unha clientela estranxeira a medio prazo. De momento e como sinala o responsábel de Balnearios de Galicia, é líder na Península Ibérica pola “categoría das instalacións, a cualificación dos profesionais, por cantidade e calidade das augas e por estar suxeitos a unha normativa moi estrita”. Para ser competitivo en Europa, “que si reunimos condicións”, “requiriríase, primeiramente, mellorar as comunicacións para que os clientes poidan poñerse en Galiza nun prazo razoábel” e realizar ao mesmo tempo un “esforzo conxunto” entre a administración e o capital privado.

Entre as liñas de traballo que ten aberta a asociación figuran, ademais, iniciativas encamiñadas a reforzar “os lazos e cooperación” coa Cámara Mineira de Galicia, como a creación dunha Cátedra de Hidroloxía Médica na Universidade de Santiago, mediante un convenio que se agarda “asinar en breve”, e a publicación dun estudo histórico dos balnearios galegos pola Universidade da Coruña.

Auga para afrontar a crise

A diferenza doutros sectores, o turismo termal non está a experimentar grandes caídas e mantense, con algunha pequena variación, nas cifras acadadas o pasado ano. Para Benigno Amor “os balnearios seguen un modelo de empresa sostíbel, no sentido de que explotan un recurso sen esgotalo, crean riqueza, fixando postos de traballo e poboación en zonas do interior de Galiza”. Ao seu ver “exercen de dinamizadores sociais e económicos” e ten a particularidade de que máis do 90% do capital vinculado a estas empresas está en mans galegas.

Un spa non é un balneario

Mentres que un balneario emprega para os tratamentos augas minerais con propiedades medicinais, os spas baséanse no emprego de “auga da billa”. Así o explica o responsábel da asociación de Balnearios de Galicia, que alerta de que se está a producir competencia desleal no sector entre estes dous tipos de estabelecementos, xa que os spas, que adoitan ser un servizo complementario de hoteis urbanos, non están suxeitos á normativa que rexe os balnearios, que os obriga a superar inspeccións periódicas moi estritas.

O termo spa non ten unha procedencia clara. Algunhas fontes atribúenlle a orixe no topónimo dun centro termal da provincia de Lieja, coñecido polas propiedades curativas das augas dende a época romana. Outras fontes conxeturan que vén do acrónimo da frase latina salute per aqua, é dicir, “saúde a través da auga”.

“O problema principal é a mensaxe enganosa que transmiten”, comenta, “porque moitas veces se anuncian como balnearios urbanos, aproveitándose do prestixio do termo”. Á confusión existente súmaselle o feito de que en Europa os centros termais de augas minerais coñécense co nome de “spa”, o que complica aínda máis a promoción internacional. “Se queremos ser punteiros en Europa”, sinala Benigno Amor, “debemos ordenar legalmente esta situación”.

Os romanos si que sabían

A relación que mantiveron ao longo da historia os habitantes do noroeste peninsular coas augas mineiro medicinais foi mudando ao longo do tempo.

Segundo apunta Mª Elisa Alén González no seu estudo Calidade de servizo en establecementos termais de Galicia, as orixes dos balnearios e do termalismo en Galiza cómpre buscalo nas casas de baño e ocio dos romanos. “É o caso, por exemplo, das termas romanas que aínda se conservan no balneario de Lugo”.

A pesar de todo, durante a Idade Media, os baños caeron en desuso en Europa “por perigo de contaxio de enfermidades como o cólera e por factores asociados coa moral católica da época”. A chegada da Ilustración traduciuse na recuperación do seu atractivo, “apoiándose no carácter científico que van tomando a balneoterapia e a cura hidrotermal”.

O despunte deste uso terapéutico da auga no tratamento de doenzas adquiriu especial importancia no século XIX, cando un sector relevante da medicina aplicou a cura termal para numerosas enfermidades, que “daría orixe”, segundo explica Mª Elisa Alén, “ao concepto moderno de balneario”.
“Nos momentos de auxe”, sinala a investigadora, “tomar as augas converteuse nun signo de distinción e encontro social para as grandes familias, a aristocracia e a alta burguesía, que constituían a clientela principal destes estabelecementos”. Nesta dinámica situaríase o Balneario de Mondariz, polo que pasaron personaxes ilustres como Emilia Pardo Bazán, Wenceslao Fernández Florez, Ramón Cabanillas ou a Infanta Isabel de Borbón.

Nesta mesma época se redescobren balnearios romanos e se crean outros novos asociados ao descubrimento de novas fontes. Pero o século XIX tamén significou o declive dos balnearios do interior. A causa, como apunta Alén González reside nos “baños de mar”, tamén como uso terapéutico. “Os adiantos na cirurxía e na medicina e, esencialmente, a Segunda Guerra Mundial fan que decaian en Europa os balnearios de interior. O golpe definitivo chega coa aparición do auténtico turismo de sol e praia cara 1930”.

A investigadora sinala que a partir dos anos setenta “agrávase a situación de crise, de maneira que, na década seguinte, os clientes dos balnearios son, case exclusivamente, persoas con enfermidades crónicas, que reciben tratamento, o que ten un carácter moi negativo e retrae a outros segmentos da sociedade”.

Mar Barros.lunes, 06 de julio de 2009 a las 8:59 | Editar nota | Eliminar
05.07.2009 | 10:07 ANOSATERRA DIARIO

Presentación de Balnegal en Portugal

Viernes, 11 Diciembre, 2009

Balnegal, a plataforma de reservas dos balnearios de Galicia, vai a ser presentada o próximo xoves 9 de xullo no marco da xornada pública de presentación do programa de acción “turismo de saúde e benestar”.

Este programa, englobado na Axenda Rexional de Turismo do Porto e Norte de Portugal, contará, entre outros, coa p…resenza do Secretario de Estado de Turismo de Portugal e máis coa Secretaria Xeral de Turismo de Galicia, dona Carmen Pardo.

Xunto coa experiencia de Balnegal, relatores de nivel internacional van expoñer diversas experiencias relacionadas co desenvolvemento do termalismo, tales como a Rede de Cidades Termais de Baviera, a complementariedade de proxectos públicos oe proxectos privados ou factores de diferenciación das termas.Más información
Presentación de Balnegal en Portugal
Fecha y hora:jueves, 09 de julio de 2009 9:00
Lugar:Hotel Sheraton

Créase a cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia

Viernes, 11 Diciembre, 2009

Fomentar a docencia, investigación e difusión dos coñecementos no campo da Hidroloxía Médica é a finalidade da cátedra institucional que a USC e a Asociación Galega da Propiedade Balnearia acaban de crear logo do convenio asinado este luns en San Xerome. No acto de sinatura interviñeron o reitor Senén Barro e o presidente da asociación Rafael Luaña de la Viña, que estiveron acompañados polo profesor Juan Jesús Gestal Otero, e polo xerente de Balnearios de Galicia, Benigno Amor.

A Cátedra institucional de ‘Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia, con sede na Facultade de Medicina, encargarase da organización de cursos, seminarios ou conferencias; a promoción da investigación neste eido; así de favorecer a difusión e o coñecemento de todo o relacionado coas aplicacións da hidroloxía no eido da medicina.

Outra das actividades que se fomentarán serán a promoción e organización de cantas actividades académica contribúan a facilitar a reflexión e o debate médico entre profesores e médicos de balnearios. A finalidade é acadar o seu mutuo enriquecemento intelectual e a mellora da formación médica e universitaria no caso máis concreto dos alumnos da Facultade de Medicina.

O acordo contempla igualmente a creación e mantemento dun fondo bibliográfico e documental sobras as materias específicas da Hidroloxía Médica e as disciplinas con ela relacionadas. Tamén se tentará facilitar a inserción profesional dos estudantes da USC participando nas actividades realizadas pola cátedra. En conxunto, preténdese que a Hidroloxía Médica se vincule cada vez máis estreitamente coa formación das promocións de médicos graduados na USC.

Ao abeiro deste convenio, constituirase unha comisión de seguimento que integrarán, por parte da USC, o vicerreitor de Política Internacional, os membros da dirección da Cátedra, o decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía e dous profesores deste centro que por razóns da materia que impartan puideran estar vinculados á cátedra. Por parte da asociación, van conformala o seu presidente e vicepresidente, así como o secretario, tesoureiro, un vocal e o xerente deste colectivo.
Gabinete de Comunicación da USC
Santiago, 30 de novembro de 2009