A Asociación Galega da Propiedade Balnearia constitúese en 1985 coa finalidade de representar e promocionar o sector termal galego, e conta na actualidade con vinte balnearios asociados: o de Carballo na provincia da Coruña; os de Brea, Cuntis, Mondariz, Caldelas de Tui, A Toja (Gran Hotel e Illa da Toja), Acuña e Dávila (ambos en Caldas de Reis), na provincia de Pontevedra; os de Lugo, RÃo Pambre, Guitiriz e Augas Santas, na provincia de Lugo; e os de Arnoia, Baños de Molgas, Caldas de Partovia, Carballiño, Laias (Cenlle), Lobios (Riocaldo) e Sousas (VerÃn), na provincia de Ourense.
Todos os citados balnearios, con independencia do seu emprazamento, urbano ou rural, cumpren a normativa vigente en Galicia, segundo a cal:
Doutra banda, para o desenvolvimiento reglamentario da lei do 95, aprobouse o Regulamento de aproveitamento de augas mineromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia (Decreto 402/ 1996, do 31 de outubro). A promulgación e posta en práctica deste reglamento, que veu incorporar ao noso ordenamiento xurÃdico a lexislación comunitaria na materia, foi de indubidable interese e beneficio para a protección en cantidade e calidade das nosas augas, ademais de supoñer unha auténtica garantÃa para os termalistas.