Este apartado dirÃxese a persoas que busquen paliar ou previr enfermidades do aparello respiratorio.
A auga é moi importante nos procesos patolóxicos das vÃas respiratorias. As súas caracterÃsticas mineiromedicinais van producir unha variación nas caracterÃsticas reolóxicas das secrecións, diminuÃndo a viscosidade do moco e aumentando o movemento ciliar, provocando a expulsión das secrecións ao exterior.
Outra das indicacións das augas mineiromedicinais é o aumento das defensas do organismo e a prevención, mellorando a calidade de vida do paciente.
As augas cloruradas están indicadas como broncodilatadoras, polo que se utilizan en patoloxÃas inflamatorias crónicas con pouca secreción bronquial, asma, traqueÃte espasmódica, rinite, polipose nasal, alerxias nasosinusais, rinofarinxite, otite, larinxite e bronquite.
As augas bicarbonatadas teñen propiedades antiálxicas, broncodilatadoras, aumentan a motilidade ciliar, polo que están indicadas en procesos como a rinite alérxica, bronquite, asma, traqueite espasmódica, rinite, polipose nasal, rinofarinxite, otite e larinxite.
As augas sulfuradas son estimulantes do sistema circulatorio e humidificadores, polo que van aumentar a expectoración de secrecións, son antisépticas, antiesclerosante, melloran o estado xeral do paciente e regulan o seu estado inmunolóxico entre outras. Están indicadas en procesos como rinites crónicas, sinusites crónicas, farinxites crónicas, amigdalites, otites, larinxites crónicas, bronquites crónicas, asma non alérxica, e pre-operatorios do sistema respiratorio.
As augas radioactivas son sedantes e antiálxicas pero tamén van desconxestionar as vÃas respiratorias e teñen ademais caracterÃsticas antiinflamatorias.
Afeccións tratables xerais: Asma, bronquite, sinusite, constipado, farinxites, fibrose, enfisema pulmonar,…
Contraindicacións das augas en afeccións respiratorias: Enfermidades respiratorias agudas como insuficiencias respiratorias, enfermidades graves do tracto respiratorio e hemoptises.