Guía de saúde

A creación desta guía foi financiada pola Xunta de Galicia (Presidencia – Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica), a Unión Europea (Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional), o Ministerio de Industria, Turismo y Comercio e o Plan Avanza. Todos os contidos da guía están baixo unha licenza Creative Commons.

Os establecementos balnearios son aqueles que, estando dotados dos medios adecuados, utilizan as augas mineiromedicinais declaradas de utilidade pública con fins terapéuticos e preventivos para a saúde. (Ley 5/1995, de 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia).

Esta guía é unha invitación a desfrutar dos Balnearios de Galicia, onde A DIFERENZA ESTÁ NA AUGA.

Nesta guía tes á túa disposición:

  • Un glosario de augas mineiromedicinais, co que poderás coñecer máis en detalle as distintas propiedades das augas e os balnearios nos que dispós delas
  • Un glosario de técnicas e tratamentos xunto coas indicacións terapéuticas máis adecuadas de cada tratamento
  • Unha serie de contidos sobre as indicacións terapéuticas divididos en categorías, para que coñezas máis en profundidade os beneficios das augas para as distintas indicacións, xunto coas técnicas recomendables para tratar cada categoría, e os balnearios onde te podes achegar a recibir os beneficios das augas
  • Dúas táboas nas que podes comprobar os distintos tipos de augas mineiromedicinais e as indicacións terapéuticas que se tratan nos distintos balnearios de Galicia.

Con todo, debes lembrar que esta guía non é un substituto do teu médico, e que será o médico do balneario o que determine o tratamento adecuado para a túa necesidade.

Ademais, é recomendable seguir estes consellos:

  • Non é aconsellable iniciar ningún tratamento en fase aguda (crise asmática, catarro, tuberculose,...
  • Debes consultar calquera variación no teu estado de saúde
  • Se estás encinta, ou crees que podes estalo, coméntallo ao médico
  • En caso de tratamentos respiratorios e reumatolóxicos, desde o inicio da cura ata un mes despois da súa finalización, non debes expoñer o teu organismo a contrastes bruscos de temperatura (baños en piscinas, mar, río... inxesta de bebidas ou alimentos conxelados, aire acondicionado...)
  • As curas termais en nenos recoméndanse en primavera ou finalizada a época de praia
  • O aseo habitual debe facerse antes de comezar cada día a cura termal e convén non volver a ducharse ata pasadas dúas horas do tratamento, co fin de favorecer a absorción dos minerais.
  • Non convén abrigarse en exceso

Nos balnearios, a base dos tratamentos está no uso das augas mineiromedicinais. Este tipo de augas están constituídas por unha solución de elementos minerais que lles proporcionan unha serie de propiedades.

Hai diversos tipos de augas en función do seu contido en minerais. Existe a seguinte clasificación de augas mineiromedicinais, cada unha delas exerce unha acción distinta sobre o organismo e, por tanto, ten unhas indicacións determinadas.

As seguintes táboas mostran as augas mineromedicinais correspondentes a cada balneario e as indicacións terapéuticas tratadas en cada centro:

Balnearios e augas mineiromedicinais Balnearios e indicacións terapéuticas
Cofinanciado por:
XuntaFEDERPlan AvanzaMinisterio de Industria