O baño de vapor (cuxa modalidade máis coñecida é a sauna turca) é unha cabina cun equipo xerador de vapor, que controla e regula a cantidade de vapor e así como a temperatura interior. A temperatura oscila entre os 43º e 46 ºC cunha humidade relativa do 100%. A cabina está deseñada para que varias persoas podan estar sentados, ou deitados. Os beneficios do baño conséguense cando se realiza de forma regular.

• Relaxación, producida por unha distensión nerviosa.
• Osixenación, pola dilatación das ramificacións respiratorias.
• Limpeza das toxinas dos poros.
• Estimulación da circulación sanguínea pola elevación da frecuencia cardíaca e a vaso dilatación.
• Hidrata a pel e dálle maior suavidade e dermatoloxía, evitando a sequidade da mesma así como retrasando a aparición de engurras.

Utilízase para: dermatoloxía, vida cotiá, patoloxías cardiovasculares e deporte, reumatoloxía, traumatoloxía e deporte, patoloxías respiratoria e xeriatría.

ATENCIÓN: Non recomendable en casos de afeccións orgánicas, tuberculose, cancro, procesos de insuficiencia hepática e estados inflamatorios agudos.