A súa zona termal, ademais, quedou de todo renovada a principios de 2004, con modernas instalacións nunha planta por completo en mármore, aceiro e cristal. O resultado é, en consecuencia, un establecemento novo de todo levantado sobre o solar da antiga casa de baños, en pleno centro de Carballo, a capital da comarca de Bergantiños, a oito quilómetros do soberbio areal da praia de Razo e a unha treintena da Coruña e pouco máis de Santiago, e a apenas un paseo en coche doutros atractivos da talla da contorno natural da carballeira, do Refuxio de Verdes ou das vilas da Costa da Morte.
Hoxe, como en tempos dos romanos e dos árabes, o balneario de Carballo segue recibindo un fluxo continuado de visitantes, procedentes de tódalas partes do paÃs, para beneficiarse das excelentes virtudes terapéuticas das súas augas mineromedicinais sulfurado-sódicas que, emerxentes a unha temperatura de 42 ºC, dan vida ao manancial.
Na actualidade, no complexo hotel-balneario de Carballo, a zona destinada a balneario está equipada con tecnoloxÃa avanzada, disposta para ofrecerlle un amplo abanico de solucións terapéuticas, baixo control dun director médico e o seu equipo de auxiliares en técnicas termais, masaxistas, etc.
| un descanso nos camiños 1 noite | tempada 1 noite |
| Un descanso nos camiños 1 noite | 100,00 €/habitación/día |
| un descanso nos camiños 2 noites | tempada 2 noites |
| Un descanso nos camiños 2 noites | 115,00 €/habitación/día |