Situado a 45 minutos de Santiago, 20 minutos de Lugo e 50 minutos de A Coruña, o balneario conta cunha extensa oferta de técnicas. Na zona de cabinas dispón de baños de burbullas e hidromasaxe, chorro termal, ducha circular, inhalacións, envolvementos de limos e algas, tratamentos faciais, tratamentos corporais e masaxes entre os que cabo destacar a masaxe Celta, unha combinación de pedras quentes e aceites esenciais evocadores de calma e serenidade que nos vinculan coa cultura destes antepasados. Esta zona individual está complementada por unha área de repouso onde relaxarse contemplando as vistas ao bosque e ao rÃo, lugar ideal para descansar mentres se goza dunha infusión ou auga mineral unha vez finalizados os tratamentos.
A zona colectiva dispón dunha piscina activa, baño de vapor, sauna seca, duchas peeling e poza frÃa con agua-minero medicinal. A piscina activa está dotada de elementos como camas de auga, asentos de hidromasaxe, pescozos de cisne e unha cascada, que a unha temperatura de 34ºC permitiranos desconectar da realidade diaria e alcanzar o benestar desexado.
| UN DESCANSO NOS CAMIÑOS | TEMPADA ALTA "UN DESCANSO NOS CAMIÑOS" | TEMPADA BAIXA "UN DESCANSO NOS CAMIÑOS" |
| Habitación dobre | 100,00 €/habitación/día | 80,00 €/habitación/día |
| Habitación dobre de uso individual | 70,00 €/habitación/día | 60,00 €/habitación/día |
| Tarifa Básica | Tempada baixa | Tempada alta |
| Habitación dobre | 64,00 €/habitación/día | 84,00 €/habitación/día |
| Habitación dobre de uso individual | 53,00 €/habitación/día | 71,00 €/habitación/día |
| Tarifa Pambre Termal | Tempada baixa | Tempada alta |
| Habitación dobre | 89,00 €/habitación/día | 109,00 €/habitación/día |
| Habitación dobre de uso individual | 65,50 €/habitación/día | 83,50 €/habitación/día |