Hotel Golf Balneario Augas Santas

_Y1L5434 copia.jpgAugas Santas.jpgDSC_4508.jpgDSC_4509.jpgDSC_4520.jpgfoto hotel Augas Santas 1.JPGIMG_2650.JPGIMG_2651.JPG
« »
Versión para imprimir
Enviar ficha ao meu e-mail
Dirección: Zona Os Baños s/n C.P. 27438 Pantón (Lugo) (Ver Mapa)

Tlf: 902279999
E-Mail: recepcion@augassantas.es
Web: Hotel Golf Balneario Augas Santas

Servizos

  • Acceso a internet
  • Animación infantil
  • Aparcadoiro
  • Ascensor
  • Vodas
  • Cafetería
  • Sala de lectura
  • Sala de reunións
  • Sala de TV
  • Sendeirismo
  • Servizo de habitacións
  • Wi-Fi
  • Restaurante
  • Xardíns
  • Ximnasio

Tratamentos

  • Baño de burbullas
  • Baños de hidromasaxe
  • Cabina de xeo
  • Ducha bitérmica
  • Ducha escocesa
  • Ducha jet
  • Ducha tres estacións
  • Piscina termal
  • Sala de relaxación
  • Sauna húmida
  • Sauna seca
  • Chorros
  • Ducha Vichy
  • Fisioterapia
  • Piscinas de contraste
  • Pediluvios
  • Masaxes
  • Jacuzzi
  • Ximnasio

Descripción

Aberto en xuño de 2006 nas proximidades dunha antiga casa de augas e a apenas quince quilómetros de Monforte de Lemos, este hotel de pedra de cantería, illado en plena natureza, non só conta cun centenar de habitacións de moi bo gusto e un campo de golf de dezaoito ocos, senón tamén cun moderno balneario distribuído en dous pisos ao longo de 2000 m².

Decorado en relaxantes tons malva e verde menta, a planta baixa dispón dunha gran piscina dinámica, con ata oito pescozos de cisne a distinta presión cos que masaxear as cervicais, tres fervenzas e catro camas de auga, desde as que se pode saír nadando ao exterior flanqueando a inmensa cristaleira que enmarca a piscina.

Tanto esta piscina coma os demais servizos do seu chamado circuíto acuático son de libre acceso para os hóspedes do hotel. Ademais tamén se pode complementar a escapada termal con tratamentos do balneario e, por suposto, con visitas ás bodegas da Ribeira Sacra, rutas en catamarán polos canóns do Sil e infinidade de rutas de sendeirismo e culturais polos arredores.



Tarifas


Puntos turísticos de interese

  • Canón do Sil
  • Río Cabe
  • Monforte de Lemos (15 Km)
  • Ourense (32 Km)

Recursos de Ocio e Gastronómicos