Un balneario non é exclusivamente un lugar destinado ao descanso das persoas maiores. Un balneario é un centro de lecer, un lugar no que descansar e vivir experiencias, ao tempo que coidas a túa saúde. Un pracer para o teu corpo e os teus sentidos.
Segundo a Lei 5/1999, de 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, os establecementos balnearios son aqueles que, estando dotados dos medios adecuados, utilizan as augas minero-medicinais declaradas de utilidade pública con fins terapéuticos e preventivos para a saúde.
É o método curativo que debe o seu efecto á acción terapéutica das augas minero-medicinais ou termais.
É a terapia termal baseada no aproveitamento terapéutico da auga do mar.
Para distinguir un balneario de calquera outra instalación que ofreza tratamentos a base de auga haberá que fixarse nas súas propiedades. Se están indicadas para a cura concreta dalgunha enfermidade, seguramente tratarase dun balneario. Mais o factor que diferenza aos balnearios de instalacións doutro tipo é a clase de augas que utiliza: un balneario debería utilizar augas minerais procedentes directamente dun manancial, mentres que os spa utilizan auga común para realizar terapias a través de cambios de temperatura, presión, etc. da auga.
Procede do nome da cidade termal belga de Spa, que se fixo moi popular a partires do século XVI. Semella que os habitantes desta cidade pensaban que a orixe do nome está nas iniciais da expresión grega "Salus per aquam" o "Sanitas per aquam" (a saúde a través da auga). Hoxe en día, spa converteuse nun termo xenérico que se refire aos centros onde se realizan tratamentos estéticos e de benestar cuxo principal elemento é a auga.
Son augas constituídas por unha solución de elementos minerais que lle proporcionan unha serie de propiedades. Hai diversos tipos de augas MM e cada unha delas exerce unha acción distinta sobre o organismo.
| Reumatoloxía | Artrose, artrite, fibromialxia, dor crónica nas costas, etc. |
| Traumatoloxía | Fracturas, lesións da columna vertebral, escoliose, etc. |
| Neuroloxía | Parálises cerebrais, síndrome de Down, Parkinson, secuelas da poliomelite, esclerose múltiple |
| Deporte | Lesións traumáticas ou por sobrecarga, recuperación postciruxía,etc. |
| Afeccións respiratorias | Asma, bronquite, etc. |
| Estrés | Relaxación na auga, masaxes, barros, curas antiestrés, etc. |
| Xeriatría | Problemas de inmobilidade, procesos crónicos, etc. |
| Estética | Hidratación, masaxes, tratamento de varices, tratamentos postliposucción, retracción por cicatrices, obesidade, estrías, celulite, etc. |
Tradicionalmente considérase que as augas con xofre na súa composición (sulfuradas e sulfurosas), hipertermais quentes con temperaturas entre 36 - 38 º son as más indicadas para este tipo de doenzas. Coa tecnoloxía habitual a maioría dos centros termais teñen instalacións adecuadas para tratar as enfermidades reumáticas. Deberá elixirse un balneario que dispoña de piscina termal, ximnasio e dirección médica con auxiliares de tratamento como fisioterapeutas e terapeutas ocupacionais.
Estas augas presentan o característico cheiro a "ovos podrecidos", debido ao sulfídrico. O xofre das augas minerais absórbese por vía dixestiva, polo aparato respiratorio, e a través da pel aínda que en moi pequenas cantidades. Ten unha serie de accións tanto a nivel xeral como sobre o aparato respiratorio, aparato dixestivo, sobre a pel e sobre o cartílago, que van a dar orixe ás súas principais indicacións terapéuticas. As principais indicacións dos balnearios con augas sulfuradas son:
As augas cloruradas sódicas utilízanse preferentemente en aplicacións externas debido á súa alta mineralización. Caracterízanse pola súa acción estimulante de diversas funcións orgánicas e metabólicas. As principais indicacións dos balnearios con augas cloruradas sódicas son:
Moitas son as distintas enfermidades e afeccións que poden ser tratadas nun balneario, entre elas destacan: artrose da columna ou membros, as enfermidades de partes brandas, recuperación post-cirurxía articular, secuelas de traumatismos e outras doenzas mecánico-dexenerativas. Todas estas doenzas poden mellorar con hidroterapia sobre todo se se complementan cun programa de fisioterapia. Nos balnearios modernos ambos tratamentos físicos considéranse complementarios.
Os tratamentos termais non sempre se toleran. Hai contraindicación ou recoméndase alta precaución nos seguintes casos:
Se tes algunha dúbida ou queres facernos unha consulta sobre o tratamento que buscas, podes usar o formulario de consultas.