Augas en cuxa composición predomina o cloruro. Poden ser de baixa mineralización, dando lugar a augas termais ou de alta mineralización, que serán augas frías.

Posúen sabor salgado máis ou menos intenso dependendo da mineralización. A súa orixe poder ser mariña ou o resultado da circulación da auga a través de capas de sal xemada ou residuos de mares xa desecados.

Son augas que estimulan as funcións orgánicas e metabólicas mellorando a alimentación celular e os procesos de cicatrización e reparación dos tecidos; ademais de favorecer a circulación sanguínea e linfática.

A súa aplicación pode ser por vía oral, provocando estimulación gástrica e do peristaltismo intestinal, ou por vía externa, indicadas en casos de tensións polo seu importante efecto sedante, diminución da hipertonía muscular, aumento do fluxo sanguíneo e como efecto analxésico e antiinflamatorio. Tamén están indicadas para afeccións do aparello locomotor, como as contracturas musculares.

Se a súa aplicación é por medio de duchas, chorros, baños e piscina, aparte das indicacións anteriores, estas aplicación van aumentar as defensas da pel e mucosas. Tamén son utilizadas por medio de inhalacións e estufas. Este tipo de auga é estimulante de funcións orgánicas, endocrinas e metabólicas.