Nelas predomina o xofre oxidado, que é pouco asimilable bioloxicamente.
Estas augas interveñen na función renal, dixestiva e nas glándulas salivares. Compórtanse como purgantes, axudan a protexer os riles e a expulsar o bile.
Este tipo de augas caracterÃzase por que a súa temperatura e mineralización varÃan. Pódense subclasificar en:
- Sódicas e magnésicas: teñen unha importante acción laxante. Outras indicacións son para as afeccións dermatolóxicas, prurito e ata nalgúns casos de intoxicación medicamentosa ou alimenticia.
- Sulfatadas cálcicas: indicadas en afeccións gástricas, intestinais, hepatopatÃas e biliares producindo unha importante acción diurética e a eliminación de ácido úrico, importante en casos de gota.
- Sulfatadas cloruradas: indicadas en afeccións dixestivas, gastrite, estrinximento e tamén en casos de insuficiencia hepática.
A técnica de aplicación deste tipo de auga é por medio da inxesta, aÃnda que se pode aplicar por medio doutras vÃas.