Augas de baixa mineralización, alcalinas e frías. As súas principais indicacións son nas enfermidades do aparato dixestivo. Son antidispépticas (facilitan a dixestión) e antiácidas.

A súa principal forma de administración é bebida, actuando sobre o metabolismo de maneira que alcaliniza o PH gástrico se se toma en xaxún, diminuíndo a acidez e axudando no proceso dixestivo. Tamén estimula a secreción pancreática e ten funcións diuréticas alcalinizando os ouriños.

Este tipo de augas poden compartir a súa composición con outro tipo de minerais que van variar as súas accións. As máis comúns son:

  • Bicarbonatadas sódicas: Indicadas en afeccións gástricas como a hipermotilidad intestinal, ulceras duodenales, diarreas e afeccións hepáticas e renais.
  • Bicarbonatadas cálcicas: melloran a dixestión.
  • Bicarbonatadas mixtas: melloran a dixestión.
  • Bicarbonatadas sulfatadas: indicadas en intoxicacións hepáticas e estreñimiento.
  • Bicarbonatadas cloruradas: indicadas en afeccións reumáticas.