Nestas augas predomina o xofre en estado reducido e parcialmente gasoso, que é o que lle proporciona un olor a ovos podrecidos.

A súa administración realízase por medio de inxesta aínda que non se debe descartar outro tipo de aplicacións. Na súa composición poden ir acompañadas de sodio ou calcio.

Emprégase como antiinflamatorias, antiseborreicas e inmunorreguladoras de dermatose. A súas propiedades antibacterianas, nutritivas e mucorreguladoras axudan ás mucosas con enfermidades inflamatorias. Tamén contribúen aos procesos reumáticos, á diabete e, polo seu efecto antioxidante, a combater o envellecemento. Son utilizadas en post-operatorios do aparello locomotor e traumatismos. Teñen efecto tamén sobre as afeccións hepáticas.