Balneario de Lugo Termas Romanas

Localidade: Lugo Tlf: 982221228
E-Mail: balneario@balneariodelugo.com
Web: Balneario de Lugo (Ver mapa)

Vivir, acadar metas, traballar, manter o ritmo… todo isto fai que o noso corpo se resenta e que mereza un respiro. Desconecta, reláxate, goza. Recupera a vitalidade nas terapéuticas e saudables augas das Termas Romanas de Lugo. As instalacións e o prestixio das súas augas mineromedicinais están ao teu servizo.







Balneario de Molgas

Localidade: Baños de Molgas Tlf: 988430246
E-Mail: balneariomolgas@terra.es
Web: Balneario Baños de Molgas (Ver mapa)

A vila de Baños de Molgas posúe unha beleza difícil de esquecer. Representa a entrada á Ribeira Sacra, situada no val de "O Medo" atópase bañada por tres ríos: Arnoia, Tioira e Sor. Na contorna próxima ao balneario destaca a súa arboreda, os paseos pola beira do río, a área de piscinas, etc. Todo iso cun marcado carácter rural.







Balneario de Carballo

Localidade: Carballo Tlf: 981703354
E-Mail: info@balneariodecarballo.com
Web: Balneario de Carballo (Ver mapa)

Nada máis poñer o pé na escaleira da entrada faise notar o característico cheiro das augas sulfurosas do seu manancial, coñecido e usado xa en tempos dos romanos e dos árabes. O edificio que alberga tanto o hotel como o balneario ubicado nos seus baixos apenas suma unha década.