Balneario de Carballo

Situación: Carballo Tlf: 981703354
E-Mail: info@balneariodecarballo.com
Web: Balneario de Carballo (Ver Mapa)

Nada máis poñer o pé na escaleira da entrada faise notar o característico cheiro das augas sulfurosas do seu manancial, coñecido e usado xa en tempos dos romanos e dos árabes. O edificio que alberga tanto o hotel como o balneario ubicado nos seus baixos apenas suma unha década.