Hotel Balneario Hesperia Isla de la Toja

Localidade: La Toja Tlf: 986730050
E-Mail: hotel@hesperia-isladelatoja.com
Web: Hesperia Isla de la Toja (Ver mapa)

O Hesperia Isla de la Toja é un innovador hotel balneario, inaugurado en 2001, con todas as vantaxes da tradición balnearia da Toxa nunha contorna de modernidade.







Oca Augas Santas Balneario & Golf Resort

Localidade: Pantón Tlf: 902279999
E-Mail: recepcion@augassantas.es
Web: Hotel Golf Balneario Augas Santas (Ver mapa)

Aberto en xuño de 2006 nas proximidades dunha antiga casa de augas e a apenas quince quilómetros de Monforte de Lemos, este hotel de pedra de cantería, illado en plena natureza, non só conta cun centenar de habitacións de moi bo gusto e un campo de golf de dezaoito ocos, senón tamén cun moderno balneario distribuído en dous pisos ao longo de 2000 m².







Arnoia Caldaria Hotel Balneario

Localidade: Arnoia Tlf: 988492400
E-Mail: reservas@caldaria.es
Web: Arnoia Caldaria (Ver mapa)

Elegante edificio enclavado na ribeira do río Miño, en perfecta harmonía coa natureza e equipado con todo ou necesario para poder proporcionarlle unha estancia inesquecible.







Balneario de Guitiriz

Localidade: Guitiriz Tlf: 982022200
E-Mail: reservas@balneariodeguitiriz.com
Web: Balneario de Guitiriz (Ver mapa)

O Hotel Hesperia Balneario de Guitiriz foi construído sobre un edificio de principios do século XX, totalmente rehabilitado en 2003, mantendo a súa estrutura orixinal pero dotándoo de modernas instalacións.







Laias Caldaria Hotel Balneario

Localidade: Laias Tlf: 988280409
E-Mail: reservas@caldaria.es
Web: Balneario de Laias (Ver mapa)

Cunhas modernas instalacións hoteleiras, o balneario de Laias ofrece aos seus clientes 98 acolledoras habitacións, gozando moitas delas de excelentes vistas ao río Miño. O balneario conta ademais con salóns de convencións que poñen á súa disposición todos os medios audiovisuais necesarios, restaurante á carta de excelente variedade de cociña internacional, café-bar con terraza exterior, bar inglés para tomar unha copa ao solpor, perruquería, área infantil, salóns para banquetes, etc.







Lobios Caldaria Hotel Balneario

Localidade: Lobios Tlf: 988448440
E-Mail: reservas@caldaria.es
Web: Balneario Lobios (Ver mapa)

As instalacións do balneario gardan unha perfecta consonancia coa contorna natural que o rodea e ofrecen todo tipo de comodidades aos clientes para poder gozar dunhas vacacións inesquecibles.







Balneario de Mondariz

Localidade: Mondariz Balneario Tlf: 986656156
E-Mail: info@balneariodemondariz.com
Web: Balneario de Mondariz (Ver mapa)

O balneario de Mondariz é un deses lugares máxicos que mellora co decorrer do tempo. Un espazo que foi capaz de reunir, desde 1873, artistas, políticos, intelectuais, persoas en busca dun ideal… nun ambiente de encanto, tradición, paz e luxo, nunha particular belle époque.