Balneario do Río Pambre

Localidade: Palas de Rei Tlf: 982374135
E-Mail: info@balnearioriopambre.com
Web: www.balnearioriopambre.com (Ver mapa)

Pequeno e acolledor balneario situado en plena comarca de Ulloa, nunha finca de 5 hectáreas cruzada polo río Pambre. Atópase rodeado de bosques autóctonos con árbores centenarias, nas inmediacións do castelo de Pambre. Bañado por ríos de augas limpas e cheas de vida, foi construído con criterios bioclimáticos e con materiais característicos da arquitectura galega: pedra, madeira e pizarra.







Lobios Caldaria Hotel Balneario

Localidade: Lobios Tlf: 988448440
E-Mail: reservas@caldaria.es
Web: Balneario Lobios (Ver mapa)

As instalacións do balneario gardan unha perfecta consonancia coa contorna natural que o rodea e ofrecen todo tipo de comodidades aos clientes para poder gozar dunhas vacacións inesquecibles.







Balneario Dávila

Localidade: Caldas de Reis Tlf: 986530211
E-Mail: info@balneariodavila.com
Web: Balneario Dávila (Ver mapa)

A proba de que se pode conservar a tradición sen renunciar á profesionalidade e ao bo gusto cobra forma neste balneario en pleno casco histórico de Caldas de Reis, a carón do río Umia, onde unha estilosa reforma o encheu de cor e aires renovados sen que o conxunto perdera o sabor de antano.







Arnoia Caldaria Hotel Balneario

Localidade: Arnoia Tlf: 988492400
E-Mail: reservas@caldaria.es
Web: Arnoia Caldaria (Ver mapa)

Elegante edificio enclavado na ribeira do río Miño, en perfecta harmonía coa natureza e equipado con todo ou necesario para poder proporcionarlle unha estancia inesquecible.







Balneario de Mondariz

Localidade: Mondariz Balneario Tlf: 986656156
E-Mail: info@balneariodemondariz.com
Web: Balneario de Mondariz (Ver mapa)

O balneario de Mondariz é un deses lugares máxicos que mellora co decorrer do tempo. Un espazo que foi capaz de reunir, desde 1873, artistas, políticos, intelectuais, persoas en busca dun ideal… nun ambiente de encanto, tradición, paz e luxo, nunha particular belle époque.







Hotel Balneario Hesperia Isla de la Toja

Localidade: La Toja Tlf: 986730050
E-Mail: hotel@hesperia-isladelatoja.com
Web: Hesperia Isla de la Toja (Ver mapa)

O Hesperia Isla de la Toja é un innovador hotel balneario, inaugurado en 2001, con todas as vantaxes da tradición balnearia da Toxa nunha contorna de modernidade.







Laias Caldaria Hotel Balneario

Localidade: Laias Tlf: 988280409
E-Mail: reservas@caldaria.es
Web: Balneario de Laias (Ver mapa)

Cunhas modernas instalacións hoteleiras, o balneario de Laias ofrece aos seus clientes 98 acolledoras habitacións, gozando moitas delas de excelentes vistas ao río Miño. O balneario conta ademais con salóns de convencións que poñen á súa disposición todos os medios audiovisuais necesarios, restaurante á carta de excelente variedade de cociña internacional, café-bar con terraza exterior, bar inglés para tomar unha copa ao solpor, perruquería, área infantil, salóns para banquetes, etc.