Balneario de Mondariz

Situación: Mondariz Balneario Tlf: 986656156
E-Mail: info@balneariodemondariz.com
Web: Balneario de Mondariz (Ver Mapa)

O balneario de Mondariz é un deses lugares máxicos que mellora co decorrer do tempo. Un espazo que foi capaz de reunir, desde 1873, artistas, políticos, intelectuais, persoas en busca dun ideal… nun ambiente de encanto, tradición, paz e luxo, nunha particular belle époque.







Lobios Caldaria Hotel Balneario

Situación: Lobios Tlf: 988448440
E-Mail: reservas@caldaria.es
Web: Balneario Lobios (Ver Mapa)

As instalacións do balneario gardan unha perfecta consonancia coa contorna natural que o rodea e ofrecen todo tipo de comodidades aos clientes para poder gozar dunhas vacacións inesquecibles.







Balneario Baños da Brea

Situación: Vila de Cruces Tlf: 986583614
E-Mail: correo@balneariodebrea.com
Web: Balneario Baños da Brea (Ver Mapa)

O hotel balneario Baños de Brea ofrece, ademais dun inigualable contorno natural, as propiedades curativas das súas augas, a experiencia na balneoterapia tradicional e o perfecto ambiente para unhas xornadas de repouso. Todo elo dentro dun marco composto por modernas instalacións hoteleiras.







Laias Caldaria Hotel Balneario

Situación: Laias Tlf: 988280409
E-Mail: reservas@caldaria.es
Web: Balneario de Laias (Ver Mapa)

Cunhas modernas instalacións hoteleiras, o balneario de Laias ofrece aos seus clientes 98 acolledoras habitacións, gozando moitas delas de excelentes vistas ao río Miño. O balneario conta ademais con salóns de convencións que poñen á súa disposición todos os medios audiovisuais necesarios, restaurante á carta de excelente variedade de cociña internacional, café-bar con terraza exterior, bar inglés para tomar unha copa ao solpor, perruquería, área infantil, salóns para banquetes, etc.