Balneario do Río Pambre

Situación: Palas de Rei Tlf: 982374135
E-Mail: info@balnearioriopambre.com
Web: www.balnearioriopambre.com (Ver Mapa)

Pequeno e acolledor balneario situado en plena comarca de Ulloa, nunha finca de 5 hectáreas cruzada polo río Pambre. Atópase rodeado de bosques autóctonos con árbores centenarias, nas inmediacións do castelo de Pambre. Bañado por ríos de augas limpas e cheas de vida, foi construído con criterios bioclimáticos e con materiais característicos da arquitectura galega: pedra, madeira e pizarra.







Balneario de Lugo Termas Romanas

Situación: Lugo Tlf: 982221228
E-Mail: balneario@balneariodelugo.com
Web: Balneario de Lugo (Ver Mapa)

Vivir, acadar metas, traballar, manter o ritmo… todo isto fai que o noso corpo se resenta e que mereza un respiro. Desconecta, reláxate, goza. Recupera a vitalidade nas terapéuticas e saudables augas das Termas Romanas de Lugo. As instalacións e o prestixio das súas augas mineromedicinais están ao teu servizo.







Laias Caldaria Hotel Balneario

Situación: Laias Tlf: 988280409
E-Mail: reservas@caldaria.es
Web: Balneario de Laias (Ver Mapa)

Cunhas modernas instalacións hoteleiras, o balneario de Laias ofrece aos seus clientes 98 acolledoras habitacións, gozando moitas delas de excelentes vistas ao río Miño. O balneario conta ademais con salóns de convencións que poñen á súa disposición todos os medios audiovisuais necesarios, restaurante á carta de excelente variedade de cociña internacional, café-bar con terraza exterior, bar inglés para tomar unha copa ao solpor, perruquería, área infantil, salóns para banquetes, etc.







Arnoia Caldaria Hotel Balneario

Situación: Arnoia Tlf: 988492400
E-Mail: reservas@caldaria.es
Web: Arnoia Caldaria (Ver Mapa)

Elegante edificio enclavado na ribeira do río Miño, en perfecta harmonía coa natureza e equipado con todo ou necesario para poder proporcionarlle unha estancia inesquecible.







Caldelas de Tui

Situación: Caldelas de Tui Tlf: 986629005
E-Mail: aguasdecaldelas@terra.es
Web: Balneario de Caldelas de Tui (Ver Mapa)

Tratamentos do aparato respiratorio, locomotor e pel. Hotel de dúas estrelas, 54 prazas en habitacións dobres, varios salóns, aparcadoiro. Situado na ribeira do Miño conta con amplias zonas de paseo cun clima agradable durante todo o ano. Está situado a 9 metros sobre o nivel do mar.







Termas de Cuntis - Castro do balneario

Situación: Cuntis Tlf: 986532535
E-Mail: castro@termasdecuntis.com
Web: Termas de Cuntis (Ver Mapa)

Termas de Cuntis é un dos balnearios con maior tradición de Galicia e tense convertido nun dos maiores complexos dedicados á balneoterapia en España. Está composto polos hoteis La Virgen e Castro do Balneario, ambos de catro estrelas, e dun edificio exclusivamente dedicado a balneario.







Balneario de Mondariz

Situación: Mondariz Balneario Tlf: 986656156
E-Mail: info@balneariodemondariz.com
Web: Balneario de Mondariz (Ver Mapa)

O balneario de Mondariz é un deses lugares máxicos que mellora co decorrer do tempo. Un espazo que foi capaz de reunir, desde 1873, artistas, políticos, intelectuais, persoas en busca dun ideal… nun ambiente de encanto, tradición, paz e luxo, nunha particular belle époque.







Balneario de Carballo

Situación: Carballo Tlf: 981703354
E-Mail: info@balneariodecarballo.com
Web: Balneario de Carballo (Ver Mapa)

Nada máis poñer o pé na escaleira da entrada faise notar o característico cheiro das augas sulfurosas do seu manancial, coñecido e usado xa en tempos dos romanos e dos árabes. O edificio que alberga tanto o hotel como o balneario ubicado nos seus baixos apenas suma unha década.







Balneario de Molgas

Situación: Baños de Molgas Tlf: 988430246
E-Mail: balneariomolgas@terra.es
Web: Balneario Baños de Molgas (Ver Mapa)

A vila de Baños de Molgas posúe unha beleza difícil de esquecer. Representa a entrada á Ribeira Sacra, situada no val de "O Medo" atópase bañada por tres ríos: Arnoia, Tioira e Sor. Na contorna próxima ao balneario destaca a súa arboreda, os paseos pola beira do río, a área de piscinas, etc. Todo iso cun marcado carácter rural.







Lobios Caldaria Hotel Balneario

Situación: Lobios Tlf: 988448440
E-Mail: reservas@caldaria.es
Web: Balneario Lobios (Ver Mapa)

As instalacións do balneario gardan unha perfecta consonancia coa contorna natural que o rodea e ofrecen todo tipo de comodidades aos clientes para poder gozar dunhas vacacións inesquecibles.







Termas de Cuntis - La Virgen

Situación: Cuntis Tlf: 986532525
E-Mail: termas@termasdecuntis.com
Web: Termas de Cuntis (Ver Mapa)

Termas de Cuntis é un dos balnearios con maior tradición de Galicia e tense convertido nun dos maiores complexos dedicados á balneoterapia en España. Está composto polos hoteis La Virgen e Castro do Balneario, ambos de catro estrelas, e dun edificio exclusivamente dedicado a balneario.







Balneario Baños da Brea

Situación: Vila de Cruces Tlf: 986583614
E-Mail: correo@balneariodebrea.com
Web: Balneario Baños da Brea (Ver Mapa)

O hotel balneario Baños de Brea ofrece, ademais dun inigualable contorno natural, as propiedades curativas das súas augas, a experiencia na balneoterapia tradicional e o perfecto ambiente para unhas xornadas de repouso. Todo elo dentro dun marco composto por modernas instalacións hoteleiras.