Lobios Caldaria Hotel Balneario

Situación: Lobios Tlf: 988448440
E-Mail: reservas@caldaria.es
Web: Balneario Lobios (Ver Mapa)

As instalacións do balneario gardan unha perfecta consonancia coa contorna natural que o rodea e ofrecen todo tipo de comodidades aos clientes para poder gozar dunhas vacacións inesquecibles.







Balneario de Mondariz

Situación: Mondariz Balneario Tlf: 986656156
E-Mail: info@balneariodemondariz.com
Web: Balneario de Mondariz (Ver Mapa)

O balneario de Mondariz é un deses lugares máxicos que mellora co decorrer do tempo. Un espazo que foi capaz de reunir, desde 1873, artistas, políticos, intelectuais, persoas en busca dun ideal… nun ambiente de encanto, tradición, paz e luxo, nunha particular belle époque.







Gran Balneario de Carballiño

Situación: Carballiño Tlf: 988270926
E-Mail: granbalneariocarballino@telefonica.net
Web: Balneario de O Carballiño (Ver Mapa)

No corazón de Galicia, entre bosques de carballos e tileiros, emerxen 191 anos de historia. O Gran Balneario de Carballiño comparte desde 1816 o poder curativo das súas augas, converténdose así nun dos balnearios de augas minero-medicinais de máis prestixio de España.







Hesperia Balneario de Guitiriz

Situación: Guitiriz Tlf: 982022200
E-Mail: hotel@hesperia-balneariodeguitiriz.com
Web: Hesperia Balneario Guitiriz (Ver Mapa)

O Hotel Hesperia Balneario de Guitiriz foi construído sobre un edificio de principios do século XX, totalmente rehabilitado en 2003, mantendo a súa estrutura orixinal pero dotándoo de modernas instalacións.







Balneario de Carballo

Situación: Carballo Tlf: 981703354
E-Mail: info@balneariodecarballo.com
Web: Balneario de Carballo (Ver Mapa)

Nada máis poñer o pé na escaleira da entrada faise notar o característico cheiro das augas sulfurosas do seu manancial, coñecido e usado xa en tempos dos romanos e dos árabes. O edificio que alberga tanto o hotel como o balneario ubicado nos seus baixos apenas suma unha década.







Balneario de Caldas de Partovia

Situación: Caldas de Partovia Tlf: 637126121
E-Mail: mariagarrigadominguez@hotmail.com
Web: Caldas de Partovia (Ver Mapa)

O balneario de Caldas de Partovia está situado a dous quilómetros de Carballiño, un dos dous centros turísticos do interior máis importantes de Galicia. O balneario enmárcase nunha paisaxe rural de gran beleza, rodeado por grandes zonas verdes e bosques. Atópase a 400 metros sobre o nivel do mar, e o seu clima é suave todo o ano, e existe desde 1842.