Balneario Baños da Brea

Localidade: Vila de Cruces Tlf: 986583614
E-Mail: correo@balneariodebrea.com
Web: Balneario Baños da Brea (Ver mapa)

O hotel balneario Baños de Brea ofrece, ademais dun inigualable contorno natural, as propiedades curativas das súas augas, a experiencia na balneoterapia tradicional e o perfecto ambiente para unhas xornadas de repouso. Todo elo dentro dun marco composto por modernas instalacións hoteleiras.







Balneario Dávila

Localidade: Caldas de Reis Tlf: 986530211
E-Mail: info@balneariodavila.com
Web: Balneario Dávila (Ver mapa)

A proba de que se pode conservar a tradición sen renunciar á profesionalidade e ao bo gusto cobra forma neste balneario en pleno casco histórico de Caldas de Reis, a carón do río Umia, onde unha estilosa reforma o encheu de cor e aires renovados sen que o conxunto perdera o sabor de antano.







Balneario do Río Pambre

Localidade: Palas de Rei Tlf: 982374135
E-Mail: info@balnearioriopambre.com
Web: www.balnearioriopambre.com (Ver mapa)

Pequeno e acolledor balneario situado en plena comarca de Ulloa, nunha finca de 5 hectáreas cruzada polo río Pambre. Atópase rodeado de bosques autóctonos con árbores centenarias, nas inmediacións do castelo de Pambre. Bañado por ríos de augas limpas e cheas de vida, foi construído con criterios bioclimáticos e con materiais característicos da arquitectura galega: pedra, madeira e pizarra.







Gran Balneario de Carballiño

Localidade: Carballiño Tlf: 988270926
E-Mail: granbalneariocarballino@telefonica.net
Web: Balneario de O Carballiño (Ver mapa)

No corazón de Galicia, entre bosques de carballos e tileiros, emerxen 191 anos de historia. O Gran Balneario de Carballiño comparte desde 1816 o poder curativo das súas augas, converténdose así nun dos balnearios de augas minero-medicinais de máis prestixio de España.







Gran Hotel La Toja

Localidade: O Grove Tlf: 986730025
E-Mail: hotel@granhotellatoja.com
Web: Balneario de la Toja (Ver mapa)

O Gran Hotel La Toja é un establecemento de 5 estrelas aberto todo o ano. Dispón de técnicas de tratamento como: bañeiras de hidromasaxe con augas mineromedicinais, parafangos, masaxes baixo a auga (ducha Vichy), duchas jet, tratamentos con sales de A Toxa, pulverizacións, aerosois ou duchas nasais.







Arnoia Caldaria Hotel Balneario

Localidade: Arnoia Tlf: 988492400
E-Mail: reservas@caldaria.es
Web: Arnoia Caldaria (Ver mapa)

Elegante edificio enclavado na ribeira do río Miño, en perfecta harmonía coa natureza e equipado con todo ou necesario para poder proporcionarlle unha estancia inesquecible.







Balneario de Mondariz

Localidade: Mondariz Balneario Tlf: 986656156
E-Mail: info@balneariodemondariz.com
Web: Balneario de Mondariz (Ver mapa)

O balneario de Mondariz é un deses lugares máxicos que mellora co decorrer do tempo. Un espazo que foi capaz de reunir, desde 1873, artistas, políticos, intelectuais, persoas en busca dun ideal… nun ambiente de encanto, tradición, paz e luxo, nunha particular belle époque.







Balneario de Molgas

Localidade: Baños de Molgas Tlf: 988430246
E-Mail: balneariomolgas@terra.es
Web: Balneario Baños de Molgas (Ver mapa)

A vila de Baños de Molgas posúe unha beleza difícil de esquecer. Representa a entrada á Ribeira Sacra, situada no val de "O Medo" atópase bañada por tres ríos: Arnoia, Tioira e Sor. Na contorna próxima ao balneario destaca a súa arboreda, os paseos pola beira do río, a área de piscinas, etc. Todo iso cun marcado carácter rural.







Caldelas de Tui

Localidade: Caldelas de Tui Tlf: 986629005
E-Mail: aguasdecaldelas@terra.es
Web: Balneario de Caldelas de Tui (Ver mapa)

Tratamentos do aparato respiratorio, locomotor e pel. Hotel de dúas estrelas, 54 prazas en habitacións dobres, varios salóns, aparcadoiro. Situado na ribeira do Miño conta con amplias zonas de paseo cun clima agradable durante todo o ano. Está situado a 9 metros sobre o nivel do mar.







Lobios Caldaria Hotel Balneario

Localidade: Lobios Tlf: 988448440
E-Mail: reservas@caldaria.es
Web: Balneario Lobios (Ver mapa)

As instalacións do balneario gardan unha perfecta consonancia coa contorna natural que o rodea e ofrecen todo tipo de comodidades aos clientes para poder gozar dunhas vacacións inesquecibles.







Hotel Balneario Hesperia Isla de la Toja

Localidade: La Toja Tlf: 986730050
E-Mail: hotel@hesperia-isladelatoja.com
Web: Hesperia Isla de la Toja (Ver mapa)

O Hesperia Isla de la Toja é un innovador hotel balneario, inaugurado en 2001, con todas as vantaxes da tradición balnearia da Toxa nunha contorna de modernidade.







Oca Augas Santas Balneario & Golf Resort

Localidade: Pantón Tlf: 902279999
E-Mail: recepcion@augassantas.es
Web: Hotel Golf Balneario Augas Santas (Ver mapa)

Aberto en xuño de 2006 nas proximidades dunha antiga casa de augas e a apenas quince quilómetros de Monforte de Lemos, este hotel de pedra de cantería, illado en plena natureza, non só conta cun centenar de habitacións de moi bo gusto e un campo de golf de dezaoito ocos, senón tamén cun moderno balneario distribuído en dous pisos ao longo de 2000 m².